Galicia seguirá en nivel máximo, aliviando horario comercial, cultura e deporte individual

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, durante a rolda de prensa posterior á reunión semanal do Consello da Xunta. San Caetano, Santiago de Compostela, 24/04/20.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, compareceu esta mañá para dar conta das medidas tomadas polo comité clínico analizando a evolución da pandemia.

O comité decide manter a Galicia en nivel máximo de restricións para consolidar a melloría e asegura que a apertura será gradual para garantir a máxima seguridade.

AVANTAR ACTIVIDADES

Mentres que a hostalaría segue inmóbil, outros aspectos sí que verán alivios.

  • As clases presenciais da universidade volverán o 1 de marzo.
  • O comercio recupera o seu horario habitual con 50% de aforo, pero os centros comerciais seguirán pechados as fins de semana.
  • Reabrense instalacións deportivas para a práctica individual e volve a actividade federada.
  • Reabrirán as instalacións hostaleiras en áreas de servizo para transportistas.
  • E volve a actividade cultural cun 30% de aforo.
  • En canto á hostalaría, todavía non se prevé unha apertura. O presidente galego pide paciencia e asegura que se trazará unha folla de ruta para que a apertura sexa de xeito conxunto para todo o sector cando os datos o permitan. Considera que nese esceario, deberase cumprir un compromiso conxunto, gasdando as distancias, cumprindo co aforo e ca colaboración dos alcaldes galegos para garantizar os cumprimentos das medidas.