O conselleiro de Sanidade presenta o proxecto de reforma do centro de saúde de Ribadavia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou hoxe Ribadavia para a presentación do proxecto, acompañado polo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, o xerente da área sanitaria, Félix Rubial e o goberno local. O obxectivo principal da reforma do centro de saúde de Ribadavia é a rehabilitación e a actualización enerxética da envolvente térmica do edificio.

Levarase a cabo un illamento térmico integral e para elo renovarase a cuberta, substituíndo as chapas metálicas por paneis sándwich con illamento térmico no seu interior; e, tamén, os cerramentos verticais, polo que se cambiarán as carpintería metálica por unhas ventás con persianas e vidros dobres baixo emisivos e aplicarase o sistema de illamento térmico externo.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Así mesmo, realizarase a substitución das lamas de protección solar por uns novos perfís de aluminio de sección elíptica, que permita unha maior visibilidade exterior.

Inclúese nesta primeira intervención, nunha superficie de 2.800 metros cadrados, o pintado interior e a reforma para dotar ao centro de aseos adaptados en todas as súas plantas.