O Psdeg-Psoe esíxelle a Jácome unha rectificación pública ante a “falsidade” das súas declaracións sobre o contrato de explotación da cafetería do pavillón dos remedios

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas acusan ao alcalde de facer “demagoxia barata” a base de desprestixiar publicamente a autónomos, representantes políticos e técnicos, descoñecendo o contido da licitación e do contrato

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Manifestan que é falso que se pague un canon de só 200 €, como dixo o alcalde, posto que a reforma de case 100,000 € acometida nas instalacións correu por conta dos propietarios da concesión

O PSdeG-PSOE esixe que Jácome faga unha rectificación pública ante a “falsidade” das súas declaracións sobre o contrato de explotación da cafetería do Pavillón dos Remedios, sobre a que manifestou que xeraba un “canon negativo” e un “menoscabo económico” para os intereses de Ourense.

“Non se pode tolerar que o alcalde se atreva a desprestixiar publicamente a autónomos, representantes políticos e técnicos, sen coñecer sequera o contido da licitación e do contrato de adxudicación do servizo”, afirmou a vicevoceira socialista no Concello, Natalia González. “É un exercicio de demagoxia barata sobre supostos comportamentos lucrativos vantaxosos ou chapuzas administrativas que se identifican máis co actual rexedor que con calquera dos seus predecesores”, sentenciou González.

Deste xeito, os socialistas negan “rotundamente” que a concesión municipal da cafetería do Pavillón xere un déficit de 7.200 euros ao ano, como afirmou Jácome. “Tamén é falso que o canon de explotación sexan 200 euros mensuais, posto que cando se licitou o servizo, unha das condicións era o investimento na reforma da cafetería por un importe próximo aos 100.000 euros, que correu a cargo dos propietarios da concesión e non do Concello”, detallou González. “Se extrapolamos o investimento total a cotas mensuais durante a última década, suporía un importe de entre 1.200 e 1.500 euros mensuais”, sinalou.

Ademais, os socialistas aféanlle ao alcalde que cargue contra os autónomos que levan a cargo da concesión dez anos, máis cando nin sequera puideron abrir e operar con normalidade durante os últimos 11 meses, xa que á situación de pandemia sumouse o adiamento no remate das obras do Pavillón dos Remedios.

Así, desde o grupo municipal socialista propoñen que se faga unha valoración económica do impacto das obras do pavillón sobre o servizo de cafetería, que non puido abrir malia o intermitente levantamento das restricións sobre a hostaleira da cidade. Desde o grupo municipal socialista sinalan á Xunta de Galicia como responsable dos retrasos nas obras, e instan ao goberno galego a aboar unha axuda de compensación aos actuais responsables da concesión. Alternativamente, valoran que se estude unha prórroga da concesión, posto que a causa do peche non é imputable aos responsables da cafetería.

Neste sentido, os socialistas subliñan a necesidade de realizar a nova licitación do servizo de cafetería de forma axeitada ás necesidades reais, dentro dun proceso “limpo e transparente”, e intentando evitar o que está a suceder coa Cafetaría do Xardín Xaponés, que Jácome licitou e adxudicou cun canon “desorbitado” a cinco anos, e que leva máis de medio ano pechada desde que rematou o procedemento. “Para máis inri, agora o alcalde pretende pagar a reforma con cartos do Concello, malia as advertencias de desperfectos na licitación”, critican os socialistas.

Desde o grupo municipal socialista subliñan que a renovación das concesións municipais debe facerse en base a criterios de calidade e funcionalidade, e non deben contemplarse como se foran negocios nin coa finalidade de acadar unha alta rendibilidade económica. “O importante é garantir a súa apertura, funcionamento, e a creación de postos de traballo asociados a estas actividades, así como a prestación dun servizo con todas as garantías, tanto para o Concello como para os seus futuros propietarios”, conclúen.