O Club Aehde acada un 2º e un 4º posto na Copa Galega de Show de patinaxe celebrada no pavillón do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O grupo de Categoría Nacional subíuu ao podio, e, o de Segunda Categoría, que estreaba novo programa, debutou cun cuarto posto nesta modalidade de patinaxe artística. O Club Aehde O Carballiño foi un dos grandes protagonistas da segunda xornada da Copa Galega de grupos show e cuartetos-Xunta de Galicia, celebrada no pavillón polideportivo Paco Chao ao longo desta pasada fin de semana.

O grupo de Categoría Nacional, que en quince días acude a Guadalajara para desputar o Campionato de España, fíxose co segundo posto na categoría de grupos pequenos (ata 12 participantes) con seu programa , que obtivo 24,55 puntos e só foi superado polo CPA Brión. Na Segunda categoría, o Club Aehde, cunha nova composición do equipo e que estreaba novo programa, sumou 14,22, quedándose ás portas do podio.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os podios da Copa Galega de show e cuartetos quedaron do seguinte xeito: grupos pequenos categoría nacional: Brión, Aehde e Bolboreta Redondela; grupos grandes categoría nacional: Condado, Noia Patín e Soutomaio; grupos júnior: Gondomar, Condado e Arealonga Chapela. E na Segunda Categoría, os grupos pequenosa: Brión, Balaídos e Espiral (Padrón); grupos grandes Segunda categoría: Soutomaior, Balaídos e Patiart Coristanco; cuartetos sénior: Axel Arteixo, Brion e Gondomar, e, finalmente, cuartetos júnior: Gondomar, Arealonga Chapela e Ourela.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------