O GPP logra a unanimidade do Congreso á súa iniciativa para rebaixar os requisitos de altura esixidos para o acceso das mulleres á Policía

A deputada do GPP, Ana Vázquez, solicita o apoio unánime da Comisión de Interior do Congreso para sacar adiante a Proposición non de Lei do Grupo Popular que rebaixa os requisitos de altura esixidos para o acceso das mulleres ao Corpo Nacional de Policía. “Un gran logro”, subliña”.

· A iniciativa insta o Goberno a rebaixar a 155 centímetros os requisitos de altura para as mulleres na Policía e “igualarnos” ao resto de Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que no seu día actualizaron as bases das súas convocatorias axustándose un pouco máis á sentenza do Tribunal da UE.

AVANTAR ACTIVIDADES

· “Desde o PP consideramos fundamental facilitar o acceso laboral daquelas mulleres que teñen vocación por entrar na Policía e remover calquera barreira que puidese ser prexudicial ou discriminatoria”, subliña Ana Vázquez.

· “A Garda Civil e as Forzas Armadas, seguindo as directrices do Tribunal comunitario, fixaron en 2019 a estatura mínima en 155 centímetros para todos os aspirantes”, explica, pero na Policía Nacional mantense aínda a barreira dos 160 centímetros para as mulleres e de 165 centímetros para os homes, a pesar de ser o estamento con maior porcentaxe de mulleres (15,56%) a nivel nacional.

· Advirte de que a altura establecida para as mulleres na Policía deixa fóra a unha porcentaxe moita maior de mulleres que de homes xa que, segundo o Instituto Nacional de Estatística, o 50% das mulleres non chega á altura de 1,60 metros, mentres que un 20% dos homes non chega á altura de 1,65 metros.

· “Temos que facer todo o posible para que a igualdade sexa efectiva e emendar o desequilibrio que hai no número de integrantes masculinos e femininos no Corpo Nacional da Policía”, remarca.

PUBLICIDADE