Presentación da “Memoria anual de vixilancia da saúde” na Deputación de Ourense

O Comité de Seguridade e Saúde da Deputación de Ourense presentou a “Memoria anual de vixilancia da saúde” correspondente ao exercicio 2020, na reunión telemática celebrada no Pazo Provincial, xuntanza na que tamén se abordaron aspectos técnicos sobre máscaras de protección fronte ao COVID-19; avaliación de riscos psicosociais; procedemento de contratación para adquisición de vestiario laboral; estudio para instalación de equipos de medición anemómetros en camións guindastre; e medicións hixiénicas en vestiarios nos centros de traballo da Deputación de Ourense. Esta foi a primeira reunión ordinaria de 2021 do Comité de Seguridade e Saúde, un órgano consultivo formado por seis representantes políticos do grupo do goberno provincial e seis representantes sindicais que exercen como delegados de prevención. Tamén participaron os técnicos do gabinete de Prevención de riscos, saúde laboral e recursos humanos.  

Publicidade

PUBLICIDADE