Beade pasa de estar libre de covid a sumar tres o sábado e duplicalos hoxe

IES CHAMOSO LAMAS

Ribadavia presenta hoxe o máximo da comarca, con 9 casos activos, un menos ca na xornada de onte.

Séguelle Beade, que pasou de non ter ningún caso a rexistrar tres o pasado sábado e subir hoxe ata os 6 casos activos. Cortegada conta hoxe con catro casos activos, un máis ca onte. Leiro conta hoxe cun caso activo, a mesma cifra dende o sábado, logo de rexistrar tres casos durante a pasada semana. Arnoia, Avión, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle e Melón están libres de covid. 

HIPER MASIDE