Que se pode facer dende as 00:00 horas de hoxe en Maside e Beade? E no Carballiño e Ribadavia?

A partir da media noite de hoxe entran en vigor as medidas tomadas polo comité clínico esta semana.  Os concellos de Beade e Maside teñen que cumprir o nivel máximo de restricións. Isto supón:

  • O peche perimetral do municipio. Non se pode saír ou entrar agás por causas xustificadas.
  • o peche total da hostalaría salvo servizo para levar.
  • Prohibición de reunións con persoas non conviventes.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións nos municipios de O Carballiño e Ribadavia entre outros. Isto supón:

AVANTAR ACTIVIDADES
  • A mobilidade permitida con todos os concellos salvo os de nivel máximo (Maside e Beade).
  • Reunións ó aire libre con máximo seis persoas e en interiores de máximo 4 persoas, pero prohibidas en domicilios.
  • Aforo interior da hostalaría do 30% e exterior do 50% e peche ás 21:00 horas.

Pola contra, Boborás alivia as restricións. Dende esta noite, as medidas serán de nivel máis baixo, o que supón:

  • A mobilidade permitida con todos os concellos salvo os de nivel máximo (Maside e Beade).
  • Reunións ó aire libre con máximo seis persoas e en interiores de máximo 4 persoas, pero prohibidas en domicilios.
  • Aforo da hostalaría interior do 50% e do exterior do 75% e peche ás 21:00 horas.