“Ruta do Cavaquinho: o son que conecta Braga con Ribadavia” é o titulo do documental musical que veñen de presentar esta semana na web e redes sociais do festival. Un proxecto que busca resaltar de maneira simbólica e creativa a conexión que se establece entre a cidade portuguesa de Braga, lugar de orixe do cavaquinho (posteriormente coñecido como ukelele) coa vila galega de Ribadavia, onde se realiza, desde hai 5 anos o Ukp Day, que ten como gran protagonista este popular instrumento.
A iniciativa foi realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.
