Galicia retoma o descenso de casos con 16 contaxios nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 16 contaxios, un ritmo de novos positivos que se reduce na metade logo do leve repunte de onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 466, 29 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (+1)  están en UCI e 33 (-3) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de rexistra 3 contaxios novos nas últimas 24 horas e restando as altas, os casos totais chegan ata os 73 casos activos, dous menos ca onte. Os hospitais hoxe presentan 1 (+1)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES