Dentro da situación sanitaria e das medidas que rexen a día de hoxe en Galicia, a área de Turismo do concello do Carballiño facilitará a estancia de turistas na vila abrindo de xeito total a oficina ubicada na Alameda. Ademais, xa dende a pasada semana cóntase con reservas nas pallozas do camping, ubicado nas proximidades do Muiño das Lousas.
Por outro lado, no aspecto do Turismo, o concello tamén aposta por unir forzas cos municipios da contorna dentro do potencial do Xeodestino Carballiño-Ribeiro para tentar atraer visitantes amosando os puntos fortes da zona.
PUBLICIDADE
