Un 80,3% dos galegos maiores de 80 anos recibiu xa algunha das doses o que sitúa á comunidade galega un punto por riba do promedio español. Sanidade vacinou esta semana santa a preto de 61.500 persoas, administrando a primeira dose a 37.000 delas e a segunda a 15.500. A vacina de AstraZéneca foi administrada a 9.000 persoas e onte chegaron a Galicia 105.300 doses de Pfizer.
En Ourense, hoxe comezou a vacinación masiva de usuarios de idades comprendidas entre 60 a 65 años e de 75 a 79 años no recinto de Expourense, no Hospital de Verin e no Hospital de Valdeorras. Hoxe convocáronse a 2.385 persoas; mañá mércores a 4.365 persoas e do xoves ó domingo prevese vacinar con Pfizer a 12.600 persoas.
A previsión de vacinación é a seguinte:
Martes tarde: 2.385 vacinados con AstraZéneca ós usuarios de entre 60 e 65 anos.
Convocados en Expourense:1.725
Convocados en Valdeorras: 330
Convocados en Verin: 330
Mercores: 4.365 vacinados con AstraZéneca ós usuarios de entre 60 e 65 anos.
Convocados en Expourense: 3.540
Convocados en Valdeorras: 495
Convocados en Verin:330 (mañana)
Xoves a domingo : 12.600 cavinados con Pfizer ós usuarios de entre 75 e 79 anos.
Convocados en Expourense: 10.100
Convocados en Valdeorras: 1.200 (domingo non)
Convocados en Verin: 1.300 (domingo non)
TOTAL:
De martes a domingo: 19.350
Expourense: 15.365
Valdeorras: 2.025
Verin: 1.960