A central sindical, que instalou unha mesa na Praza Maior do Carballiño entre as 11 e as 13 horas, desenvolve unha iniciativa popular “por un sistema público galego de servizos de atención ás persoas.”
Tal como indica a CIG, ” Desde a CIG levamos anos denunciando a situación, tanto laboral como asistencial, das Residencias da terceira idade dos Centros de Día, dos Centros de Atención á Diversidade, dos Servizos de Axuda no Fogar. Servizos que o goberno do PP na Xunta ven desmantelando e privatizando para facer deles un novo negocio a costa das persoas máis vulnerábeis“
