A Xunta estima ter vacinado ó 30% da poboación galega esta semana

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou que, segundo a previsión na organización e loxística, esta semana prevese a administración de 138.500 vacinas, o que suporía alcanzar xa a un 29% do total da poboación galega.

Publicidade

Ourense leva xa administradas 110.000 doses e 33.000 coa pauta completa, o que supón o 11% o que sitúa a Ourense coma a provincia galega con máis altas taxas de poboación inmunizada.

Galicia ía a comezar a administrar a vacina de Janssen, da que se prevía recibir 8.500 doses, pero o Ministerio de Sanidade informou onte pola tarde sa suspensión da distribución da mesma.

Hoxe comezouse a inmunización do grupo de persoas con patoloxía de risco, como persoas  con tratamento de quimioterapia ou radioterapia, enfermidade metastásica, persoas en diálise, VIH, pacientes transplantados e persoas con síndrome de Down maiores de 40 anos.