PROSAGAP como membro da C.C.E. (Comisión de Centro de Especializada) do CHUO, convocou hoxe, ás 11:30 horas, na entrada principal do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense unha manifestación. Os motivos polos que se congregaron son a súa repulsa ante a Xerencia do CHUO pola toma da decisión de pechar a 4ª planta Drta, dotada con 22 camas para doentes da especialidade de Vascular e Xinecoloxía.
Aseguran que deste xeito destrúense 25 postos de traballo que afirman que pretenden reunicalos e aforrar a contratación dos mesmos. Considera a agrupación que a xerencia do CHUO está omitindo a súa responsabilidade. Esta situación sucede, segundo afirman, mentres están abertos os servizos infradotados coma son as prantas 5ª e 8ª do Hospital Maternal pola presión asistencial.
Durante a manifestación, as protestas que se puideron oir foron que non queren que se pechen camas, que non se reubique persoal e que se destinen novas contratación para plantas deficitarias que o levan reclamando tempo.