O NOME DE LAVANDEIRA : Pouco a ver coa auga

César Varela García : Son do Carballiño, orgulloso de ter pertencido ao grupo de mozos da A. C. AVANTAR, profesor de E. MÉDIO en CANGAS DO MORRAZO por moitos anos , onde pillou o millor da cultura da BEIRAMAR galega; que millorou o seu galego morando seis anos no Brasil, pasou outra gran tempada en Londres, e logo em contacto coa cultura musulmana en Ceuta, onde se xubilou. Sempre ollando mundo con ollos de galego e militando sempre nas filas do nacionalismo.

Artigo : ” O NOME DE LAVANDEIRA : Pouco a ver coa auga ”

AVANTAR ACTIVIDADES

Nun traballo anterior abordamos a explicación dos infinitos lugares galegos chamados de LAVANDEIRA, e do consecuente apelido que locen unha morea de compatriotas nosos.

Recollíamos, daquela, as teorías propostas nas explicacións usuais.

Cuase todos os toponimistas coincidían en asociar a palabra ao seu sonido e significado actual, ou sexa: un lugar á beira dos regueiros, onde se acostumaba a lavar a roupa, ou senón, unha referencia ás terras ao redor dun regueiro que eran “lavadas” nas enchentes.

Esto cadraba ben coas penedas chairas ao pé da Piscifactoria , onde sempre se lavou e secou a roupa; ainda hai postais da época coas sábanas tendidas ao sol para o “clareo”.

O único disidente desas opinións é o experimentado filólogo e toponimista Eligio Rivas Quintas, que no seu libro LINGUA GALEGA ( Historia e fenomenoloxia) escrebe , referíndose á LABACOLLA compostelán : “De lavar  ten tan pouco coma os regatos Labandeira que hai por toda Galicia;….”

Prefire, este autor relacionar a palabra con NABACOS ou NABEGOS ou a palabra NAVA.

 Nos concellos de SAN AMARO e MASIDE, temos varios lugares chamados de  LAVANDEIRA, onde non se albisca ninguna corrente de agua especial, nen se sabe de costume nengunha de ir lavar a roupa alí.

Temos que lle buscar outro orixe ao ao nome tan usual de LAVANDEIRA  !

Hoxe pensamos que o nome de LABANDEIRA nada ten a ver coa agua, e velaí  o porqué : Cando falamos dos MEIXON FRIOS que inzan pola nosa Terra, explicamos, no seu día, que ises nomes nada tiñan a ver coa frialdade, e todo coa FRIVOLIDADE.

 Referíanse a redís ou curros para animais que eran FRÍVOLOS, ou sexa temporários, interinos, informais…

Pero hai algo mais que transmite a idea de transitoriedade e inconstancia e que o pode trasladar á toponimia:

E así que, hoxe preferimos derivar as nosas  LABANDEIRAS de un latino LABANS-TIS; pocedente de LABO, que se entende como algo que se bambea ou abalea; cousa vacilante,dudosa, inconstante, …

Daquela, pensabamos que o único bambeante na nosa toponimia eran as penas encabaladas ou CABALEIRAS que tamén deixaron a sua pegada na nosa toponimia.

Agora propomos, que esas LABANDEIRAS, debían ser outro xeito de chamar ao mesmo negócio; MALLADAS LABANDEIRAS, ou sexa corrais de pastoreo temporário, ou transitório, que ao lidar con animais, sería mais que prudente que estivesen perto de mananciais ou correntes de agua, para apagar a sede da “facenda”.

Deste uso, de armar tal tipo de alpendre ou pendellos, ao pé de fontes ou regueiros,  debeu proceder o equívoco de moitos toponimistas de asociar o nome  de LAVANDEIRA, a lavadeiros e enchentes dos regueiros.

Ise costume, de levar as greas de gando a millores pastos e armar alí corrais e malladas provisionais e temporários, debeu ser un uso moi común.

Se cadra, é orixe de moitas capelas e consecuentes romarias como OS CANEIROS de Betanzos, onde por un tempo os pegureiros moraban ao descampado en chouzos provisórios, costume que reproducen os festeiros de hoxe.

A festa xurdía ao fin da estación de pastoreo, cando se xuntaban os membros da aldea base cos pegureiros destacados no monte.

Agradecidos ao padroeiro ou padroeira, erguerian unha capela na cume do monte, e eso explicaría a orixe de moitas das nosas festas e romarias.

Os de Godás chaman de CURVA DA LAVANDEIRA, á forte virada da estrada de Pontevedra, entre o Instituto e o ramal da PENA DOS NAMORADOS, naquel fondego, onde hoxe hai edificada unha casa, sería o lugar ideal para encurralar o gando que de mañá se botaria a pacer polo monte.

Entendo que alí , nese curro provisório e informal, naceu o nome da LABANDEIRA, e non na beira do río.

De esguello, co mesmo latin, LABANS-TIS, explicaríamos o nome do simpático paxariño da LABANDEIRA, cuxo apelativo , de LABANTARIA, faria referencia ao seu bambeante  rabiño ; WAGTAIL, ou “a do rabiño que abalea”, como  o expresivamente o notan  os ingleses.

————————————————————————————————–

Outros artigos de César Varela :

PARTÓVIA: posíbel orixe do seu nome