Xosé González Martínez: Secretario da Irmandade Xurídica Galega e Presidente Foro E. Peinador. Vicepresidente da Asociación de Amigos do Couto Mixto.
En 1952 os Laboratorios Zeltia editaron o primeiro número do Almanaque Agrícola ZZ, unha publicación comercial editada integramente en lingua galega. Foi modélica, tanto pola divulgación da oferta de produtos fitosanitarios, moi demandados para combateren os andazos e pestes agrícolas que tamén afectaban aos animais, como polo resto dos contidos de carácter cultural que os consumidores daqueles tempos valoraban positivamente con afervoada simpatía.
Anos despois, en 1957, publicouse o primeiro número da Revista de Economía de Galicia. Pertencían ao consello de redacción,entre outros, os empresarios Álvaro Gil Varela e Antonio Fernández López, copropietarios dos Laboratorios Zeltia. A liña editorial desta revista insírese na historia do pensamento económico galeguista que se viña formando desde tempos atrás. Extraemos un parágrafo ben significativo dun texto publicado no primeiro número: “A economía ten un íntimo vencello coa cultura, ben como un dos factores integrantes en canto riqueza, como produto cultural específico, ben en canto investigación e coñecemento teórico desa riqueza. Rexeitamos, por absurda e sen fundamento científico, a contraposición da cultura coa economía. Se a investigación da nosa realidade económica é unha tarefa cultural case intacta, a culpa non é dos poetas, dos artistas, dos historiadores ou dos etnólogos; son outros os chamados a facela. A cultura inflúe decisivamente no desenrolo económico, e viceversa”.
Velaí porque na aludida historia do pensamento económico de Galicia houbo personalidades que tiveron moi clara a alianza estratéxica da lingua galega coas empresas nas súas comunicacións e rotulacións publicitarias. Filosofía que ten como punto de partida o I Congreso de Economía de Galicia celebrado en 1925. Ensinanzas que botamos en falta no curriculo académico das facultades e escolas universitarias dedicadas á formación de creativos de imaxe corporativa e directivos empresariais, amosando sumisión á lingua dominante e desprezo pola galega.
Os estudos de mercado publicados demostran que a etiquetaxe en lingua galega reforza a autenticidade da procedencia dos nosos produtos nos mercados internacionais, onde son ben valorados polos consumidores. Os denominados “produtos delicatessen” son a mostra do que estamos a afirmar. As nosas marcas comerciais deben imitar os exemplos de comercialización de produtos foráneos etiquetados en cadansúa lingua de oríxe, que nós, consumidores galegos, aceptamos con naturalidade. Formamos parte dunha Europa plurilingüe, e, como consecuencia, as nosas marcas comerciais deberían estar nos mercados internacionais con acento propio. Os avances neste campo son evidentes, malia os prexuízos lingüísticos enquistados nalgúns sectores empresariais.
Na administración autonómica cuestionan esa protección legal as deliberadas interpretacións ideolóxicas restrictivas que fan algúns funcionarios con evidentes intencións de desactivaren o entusiasmo galeguizador de moitos empresarios do sector agroalimentario, alentados polo marco xurídico que ampara, protexe e fomenta o uso da lingua galega en todos os ámbitos sociais.
Canto máis forte é a personalidade dun pobo, máis intenta desenrolala; canto máis débil, máis intenta agochala. E aquí onde o Igape, como institución que ten como misión afortalar o tecido empresarial consonte co ordenamento xurídico vixente, debe implicarse neste proceso regaleguizador incluíndo unha cláusula lingüística como un código ético nas ofertas de subvencións para o fomento do tecido empresarial, obrigando ás empresas, e con máis razón naquelas das que forma parte dos consellos de administración, ao cumprimento dun mínimo de compromisos que garantan a presenza da lingua galega nas súas actividades, manifestando así clara sintonía co Plan Xeral de Normalización Lingüística, aprobado por unanimidade dos grupos parlamentarios.
Para incentivar o discurso galeguizador, o Foro E. Peinador, Irmandade de Agroalimentarios e Adegueiros e Deputación de Pontevedra, convocan na sede da institución provincial un encontro aberto de pedagoxía galeguizadora para o próximo día 24 ás 12:30 horas. Nel participara,como vén sendo costume nestas convocatorias a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O texto da “Declaración de Pontevedra” será un alegato de galeguismo empresarial. Transcribo un parágrafo: “O papel das institucións públicas, asociaciacións profesionais, consumidores e empresas é clave para garantir o respeto e promoción dos dereitos lingüísticos no ámbito laboral e comercial. Os avances realizados en Galicia contribúen a crear espazos de cohesión social e igualdade para todos os galegos e galegas”.
* Presidente do Foro E. Peinador.
Outros ártigos de Xosé González
A opinión de Xosé González: ”O himno galego nas celebracións litúrxicas”
A opinión de Xosé González: ”Os emigrantes galegos en Catalunya premian a unha arraiana de Goián”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe ao doutor Sixto Seco”
A opinión de Xosé González: ” Os premios Peña Novo no castelo de Soutomaior “
A opinión de Xosé González: ”Couto Mixto, unha República rescatada “
A opinión de Xosé González: ”A XV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”
A opinión de Xosé González: ”A irmandade da sanidade galega homenaxea ao doutor Carlos Guitián”
A opinión de Xosé González: ” Embutidos Lalinense, un exemplo de galeguización empresarial “
A opinión de Xosé González: ” As mentiras do relato da transición democrática”
A opinión de Xosé González: ” Para Sermos Máis Nós”
A opinión de Xosé González: ” Precursores da conciencia galega”
A opinión de Xosé González: “Galeguización dos Concellos”
A opinión de Xosé González: “dous reitores compartiron ilusións para transformaren a Usc”
A opinión de Xosé González: “no pasamento dun amigo de meu”
Xosé González: “Os montes veciñais en man común “
Xosé González: “acto de homenaxe ao reitor Rodriguez Cadarso en Lubián”
Na Limia en Galego, Agora e Sempre
A opinión de Xosé González: “Na memoria de Domingo Lorenzo en Barcia de Mera”
A opinión de Xosé González: ” A identidade lingüística dos defuntos”
A opinión de Xosé González: ” Sumar Navantia”
A opinión de Xosé González: ” Homenaxe a don Ramón Castromil”
A opinión de Xosé González: “Premios á Etiquetaxe en Lingua Galega”
A opinión de Xosé González: “O plurilingüísmo do estado español”
A opinión de Xosé González: “Xuíces honorarios do Couto Mixto 2023”
A opinión de Xosé González Martínez: “Premios Peña Novo”
A opinión de Xosé González Martínez: “Levar o Estatuto de Autonomía ás empresas “
A opinión de Xosé González Martínez: “XIV Asemblea da Irmandade Xurídica Galega”