Comunicado do BNG de Castrelo de Miño

IES CHAMOSO LAMAS

Dende o BNG de Castrelo de Miño, vemos con estupefacción e espanto os últimos comunicados do ilexítimo en referencia ao termalismo no noso concello.

Hai un par de semanas comunicou que as augas termais que quería aproveitar eran as que estaban na contorna do clube náutico. No último pleno o grupo nacionalista xa lle advertiu que o proxecto que fixera o INORDE, anterior ao 2007, tiña datos falseados, e os únicos mananciais termais que se podían aproveitar eran as que están augas abaixo do encoro. Caso omiso, vendendo nos medios de comunicación que se iniciaban os trámites (que xa estaban máis que iniciados) para a declaración de augas termais augas arriba do encoro.

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Na última foto que se publica coa nova xerente do INORDE, xa se baixa a onde se tiña pensado explotar a capacidade termal, que é augas abaixo do encoro. O que demostra que o ilexítimo minte, fala do que non sabe, e nin sequera se informa antes de facelo. Tiveron que vir os da Xunta ensinarlle todos os trámites que xa estaban feitos de todas as zonas que se barallaron e que non foron viábeis, porque non foi capaz de consultar os diferentes informes que hai no concello en relación ao termalismo.

E o que é peor, fala de traballar sen mentiras, insultos, coaccións, crispación e en liberdade…. o condenado por ameazas a un militante doutra cor política!!! “Sr”. Pazos, mírese a un espello antes de criticar á oposición por favor. Para impresentábel… vostede!!