O concello presenta o Informe Turístico do Carballiño con 27 propostas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O concello do Carballiño presentou o Informe Turístico do Carballiño 2021, elaborado en colaboración co Eixo Atlántico. O alcalde foi o encargado de presentar este traballo. O secretario do Eixo Atlántico, Xoan Mao, asegurou que o turismo será o principal motor da recuperación económica postcovid. Tamén destacou a potencialidade dos concellos coma o Carballiño no eido turístico, resaltando a Festa do Pulpo coma referente de marketing.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mao tamén se referiu a todo o camiño que queda por andar para elevar as oportunidades de Carballiño coma vila turística, referíndose a accións directas no Gran Balneario. Pola súa parte, Fumega trouxo a colación o traballo que se está a realizar para potenciar a Fábrica do Papel e convertela nun museo de interese a nivel galego.

O concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, resaltou ás personalidades de todos os eidos que formaron parte deste informe. Ademais, destacou que os dous proxectos nos que habería que centrarse é a creación dunha páxina web e unha mascota, atraente para os máis pequenos.

A coordinadora do proxecto, Carmen Pardo, reseñou a carencia deste municipio é a de contar todas as oportunidades cas que conta, en todos os ámbitos. Detallou algúns proxectos propostos, coma potenciar o termalismo e o turismo de natureza para familias.