A Deputación de Ourense gaña o premio europeo “Digital Mindset” polo seu proxecto “Provincia Intelixente”

Entrega V Premiso European Mindset Awards 2021 en IFEMA.

O xurado destes galardóns -considerados os Oscar no ámbito dixital-, valorou a transformación que desenvolve a Deputación, que competía na categoría de Mellor Acelerador Dixital do Sector Público coa Cruz Vermella e co Concello de Málaga (finalistas), un apartado que recoñece o traballo de iniciativas que teñen como obxectivo a transformación dixital 

Manuel Baltar recolleu o premio e dixo sentirse “altamente honrado por acadar a Deputación de Ourense un galardón de prestixio internacional que servirá para seguir promovendo no noso territorio provincial servizos públicos de calidade no ámbito dixital a prol da veciñanza”  

AVANTAR ACTIVIDADES

A Deputación de Ourense recibiu esta tarde en Madrid o premio europea “Digital Mindset-IFEMA Madrid” polo seu proxecto titulado “Transformación dixital integral da provincia de Ourense”, enmarcado na estratexia “Provincia Intelixente”, impulsada polo presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, para avanzar nos ámbitos da vangarda dixital do territorio ourensán, como vén facendo en diferentes áreas a Deputación de Ourense, un labor referendado con este galardón, considerado o Oscar dos premios no ámbito dixital. 

De entre máis de 250 candidaturas, o xurado valorou a transformación dixital que desenvolve a Deputación de Ourense, que competía na categoría de “Mellor Acelerador Dixital do Sector Público” coa Cruz Vermella e co Concello de Málaga (finalistas), un apartado que recoñece o traballo de iniciativas que teñen como obxectivo a transformación dixital. 

Manuel Baltar recolleu o premio e dixo sentirse “altamente honrado por acadar a Deputación de Ourense un galardón de prestixio internacional que servirá para seguir promovendo no noso territorio provincial servizos públicos de calidade no ámbito dixital a prol da veciñanza”. O traballo premiado acadou a máxima cualificación dentro dos “European Dixital Mindset  Awards”, considerados os máis prestixiosos do mundo da tecnoloxía polo seu enfoque innovador; o desenvolvemento da experiencia do usuario; a xestión tecnolóxica nos seus procesos e o impulso á creación de novos modelos de negocio dixital. Están destinados a recoñecer os proxectos máis vangardistas, os casos de liderado e o labor na transformación dixital. 

Baltar amosou a “satisfacción total por este recoñecemento internacional”, salientando o ritmo firme e seguro que se ten marcado a Deputación de Ourense no ámbito da dixitalización, “principalmente no entorno rural, un aspecto importante en España e no resto de Europa, como teño comprobado desde a Presidencia da asociación europea de gobernos provinciais (Partenalia)”, e agradeceu o traballo da Área de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación e deu os parabéns aos finalistas, “o que da conta da relevancia destes premios”. 

“A innovación, a tecnoloxía, o desenvolvemento e a investigación son palabras que forman parte do vocabulario do goberno provincia ourensán”, expresou Baltar, quen lembrou que en meses “abrirá as súas portas o Centro Galego de Innovación da FP, grazas á promoción e o pulo que lle demos desde a Deputación para levar a cabo este proxecto conxuntamente co goberno autonómico co obxectivo de converter a este centro no polo máis importante da Formación Profesional en Galicia e no Norte de Portugal, a poucos quilómetros da Tecnópole -o Parque Tecnolóxico de Galicia- e ao carón do edificio “Provincia Intelixente” da Fundación Abanca, que concentra o número máis importante de emprego de altamente tecnolóxico no noso territorio”, destaca Baltar. 

O presidente do goberno provincial confirmou que a Deputación de Ourense “seguirá estando en foros dixitais e tecnolóxicos, intercambiando experiencias con outros gobernos e con empresas, nun territorio onde destaca a colaboración público-privada, “todo iso dentro dunha estratexia que busca a mellora dos servicios públicos para que a veciñanza da provincia de Ourense poida percibir estas prestacións”, comenta Manuel Baltar. 

Os  European Dixital  Mindset  Awards 2021 están dirixidos a empresas, universidades, escolas de negocios, académicos, investigadores, analistas, startups, aceleradoras, parques científicos e tecnolóxicos, administracións e centros de innovación de todo o mundo, que se identifiquen co desenvolvemento dixital. As propostas estúdanse por un xurado formado por expertos en dixitalización, emprendedores de recoñecido prestixio e investidores, que valorará cada traballo en función do impacto que tivese en innovación, liderado, disrupción, estratexia e execución.