O concello de San Amaro porá en marcha un programa de conciliación para as familias con actividades para os nenos dende o mes de xuño

Este venres, día 21, ás 20:30 horas, farase a presentación desta iniciativa no salón de plenos do concello, onde se explicará o servizo e os requisitos. Cumprindo con todas as medidas sanitarias, crearanse grupos burbulla para que os nenos poidan xogar de xeito seguro. Durante os meses de xuño a setembro, o servizo Bos días familia! Estará activo das 07:30 horas ata as 09:15 horas, e Tardes activas, será dende as 14:15 horas ata as 16:15 horas.

Nos meses de outubro a maio, o Bos días familia! Estará dispoñible das 07:30 horas ata as 09:30 horas e Tardes activas dende as 16:00 horas ata as 19:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES