A comunidade galega rexistra hoxe 94 contaxios novos, un aumento con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 2.208, cunha rebaixa mínima de preto dunha vintena de persoas. Do total de pacientes positivos en Galicia, 25 (-6) están en UCI, 84 (-10) en unidades de hospitalización.
Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras a xornada presenta estabilidade. A provincia rexistra hoxe 14 contaxios novos, facendo que a cifra total baixe en seis casos con respecto a onte, ata os 164 casos totais. Nos hospitais hoxe a situación amosa un descenso. Contamos con 7 (=) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4 (-2) na UCI.