As cifras de emprego do mes de maio amosan recuperación na nosa contorna. Na comarca do Carballiño o número de desempregados descende en 60 persoas, baixando dos 1.607 ós 1.547. O Carballiño é o municipio que máis emprego creou, con 37 persoas incorporadas ó eido laboral neste mes. Séguena Piñor, con 6 desempregados menos e San Cristovo de Cea e Boborás con cinco persoas menos cada un. O Irixo, Maside e San Amaro contan con tres persoas activas máis cada un deles. Punxín non presenta variacións e Beariz incorpora dúas persoas ó paro.
No Ribeiro, a creación de emprego tamén se fixo notar, aínda que máis paulatino, reducindo os datos do paro en 22 persoas. Ribadavia conta con 12 persoas en activo máis ca no mes pasado. Avión emprega a 6 persoas e Leiro a 5; Castrelo de Miño e Cenlle tres persoas cada un deles; Carballeda de Avia dúas persoas e Cortegada unha persoa. Pola contra, Melón e Arnoia incorporan catro persoas cada un ó paro e Beade dúas persoas.
