Este sábado, espectáculo de maxia, circo e humor no anfiteatro da Veracruz

O anfiteatro da Veracruz acollerá este sábado día 12, ás 20:00 horas, a Gala de maxia, circo e humor a cargo da compañía hípica Celta. A obra é un produto multidisciplinar onde a maxia, o clown, o circo e o humor fusiónanse para ofrecer un espectáculo único. Esta produción pretende  que as familias poidan presenciar unha actividade moi diferente ao que están acostumados.

Dende a Concellería de Cultura animan ás familias a acudir a este sorprendente espectáculo familiar onde o humor será o gran protagonista, unha das mellores recetas contra a situación derivada da pandemia.

AVANTAR ACTIVIDADES