O autobús do Servizo Galego de Saúde encargado da doazón de sangue móbil estará durante a xornada de mañá, venres, día 11, no Carballiño, ubicado na Pista Roxa.
Poderase achegar calquera veciño con cita previa ou sen ela en horario de mañá das 10:00 ás 14:00 horas e, en horario de tarde, das 16:00 ás 21:00 horas.