A treboada de onte deixou danos cuantiosos na cidade de Ourense

Onte pola tarde, as tan anunciadas treboadas para a provincia de Ourense fixéronse notar, sore todo, na cidade. Fortes choivas, con apariencia de furacán, fixeron presencia deixando numerosos danos materiais, pero ningún humano. Como exemplos, puidose ver a Ponte Romana inundada, numerosas bocas de rego desbordando auga e inundacións en moitas rúas. Outra das conscuencias foron os fortes ventos, que levantaron numerosos teitos de contrachapado, entre eles un dos que cubren o pavillón dos Remedios. Tamén houbo árbores arrincadas, que causaron cortes de tráfico en varias rúas.

Pola súa parte, na nosa contorna a xornada foi tranquila. A pesar de que tamén se espeban traboadas, houbo choivas a última hora da tarde, pero sen causar danos maiores.

AVANTAR ACTIVIDADES