O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e membros do equipo de goberno, representantes políticos e traballadores da institución municipal, uníronse hoxe, diante da Casa Consistorial, na Praza Maior do Carballiño, ao minuto de silencio convocado pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), convidando ás entidades locais e á veciñanza a este acto de solidariedade coas vítimas da violencia machista e en repulsa por esta lacra social. 

Publicidade