Recollida de sinaturas contra os indultos do “procés” por parte do PP

“Ourense tampouco se pon de costas ao desprezable ataque a España e á Constitución dun goberno á deriva”

Manuel Baltar, na recollida de sinaturas contra os indultos do “procés”

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente provincial subliñou que “Sánchez pode indultar aos condenados polo “procés”, aos políticos da secesión, pero España non vai a indultar a Sánchez”, pedindo unha contundente resposta da cidadanía como hoxe pedimos aquí e durante estes días tamén fixemos por toda a provincia”, destacou en referencia ás mesas tamén instaladas esta semana no Barco de Valdeorras, Barbadás, Ribadavia, Celanova e o próximo mércores no Carballiño.

O Partido Popular instalou hoxe unha carpa na rúa do Paseo da capital para a recollida de sinaturas contra os indultos do “procés” catalán, coincidindo coa multitudinaria manifestación celebrada en Madrid, “para deixar constancia de que Ourense tampouco se pon de costas ao desprezable ataque a España e á Constitución dun goberno á deriva”, afirmou o presidente provincial, Manuel Baltar, durante a súa visita á carpa.

“O que está a facer Sánchez non é máis que un movemento á desesperada que necesita unha contundente resposta da cidadanía, coa recollida desde hai semanas de centos de miles de sinaturas para solicitar que se manteña a legalidade, como hoxe pedimos aquí e durante estes días tamén fixemos por toda a provincia”, destacou en Baltar en referencia ás mesas tamén instaladas esta semana no Barco de Valdeorras, Barbadás, Ribadavia, Celanova e o próximo mércores no Carballiño.

O presidente provincial subliñou que “Sánchez pode indultar aos condenados polo “procés”, aos políticos da secesión, pero España non vai a indultar a Sánchez”, ao tempo que se preguntou por que calquera cidadán ten que cumprir a lei “pero non así unhas persoas que poñen en xaque ao Estado de dereito, que ameazan a convivencia, que van contra o máis sagrado que é a Constitución e que por riba din que volverían a facelo, demostrando que estamos ante un goberno incapaz que sustenta a súa estabilidade en grupos independentistas”.

Baltar engadiu que asinar unha petición a favor do indulto “é asinar contra o futuro de España e hoxe o que estamos a facer no Partido Popular é ser consecuentes cos nosos postulados e principios, que parten dunha formación política española e constitucionalista, que é o que defendemos hoxe”.