Nota informativa do Psoe do Irixo sobre a estrada da parroquia de Santa Baia de Reádigos

O Voceiro do Grupo Municipal Socialista do Concello do Irixo, Iago Fariñas Valiña, ven de lamentar O ESTADO DA ESTRADA DA PARROQUIA DE SANTA BAIA DE REÁDIGOS, LAMENTANDO TAMEN QUE  O GOBERNO MUNICIPAL NON ATENDA AS NECESIDAES BASICAS DA VECIÑANZA.

No dia de hoxe os socialistas veñen de presentar unha moción “PARA A O ARRANXO E MELLORA INTEGRAL DA ESTRADA DA PARROQUIA DE SANTA BAIA DE REÁDIGOS”.

AVANTAR ACTIVIDADES

Xa o pasado 1 de agosto do ano 2018, fai case tres anos os socialistas xa interesamos o arranxo da estrada da parroquia de Santa Baia de Reádigos debido o seu mal estado e o deterioro que presentaba.

O goberno municipal en case tres anos nada fixo, cando esta estrada especialmente nos tramos que van dende a Pena da Sela o cruce da Barcia pasando polos pobos de Santiso e Rivela presentan tramos onde a estrada esta totalmente desaparecida chea de coios, tramos de fochancas que ocupan todo o firme da estrada ou tramos onde a vexetación e as hedras, chegan literalmente o chan impedindo totalmente a visibilidade na vía.

O Irixo é un dos Concellos máis extensos da provincia de Ourense e de Galicia, 12 parroquias e 109 lugares repartidos nunha gran extensión de 121 km2 e no que as vías de comunicación teñen unha gran importancia para que a súa veciñanza se poida comunicar con axilidade pero tamén con seguridade, feito éste que non so é importante, en seguridade, tempo e distancias que se aforran, senón que tamén repercute decisivamente na calidade da vida das persoas, e, chegado o caso, en ocasións é determinante para fixar poboación no medio rural e no propio concello.

Que no caso da Parroquia de Santa Baia de Reádigos, estamos a falar dunha das parroquias máis castigadas pola despoboación onde apenas existen unha ducia de veciños e veciñas. A Parroquia de Santa Baia de Reádigos pódese comunicar coa capitalidade do Concello pola estrada que atravesa a parroquia de Parada de Labiote ou pola estrada que transcorre baixo o viaduto do ferrocarril que comunica esta parroquia ca Bugalleira. Para saír do concello e chegar á vila do Carballiño poderían tamén usar a estrada que comunica esta parroquia con Boborás, si ben por proximidade a vía de comunicación de menor traxecto sería a estrada que comunica esta parroquia coa Bugalleria si ben é unha como outras, das peores estradas do noso concello. Esta estrada, necesita un arranxo integral que verdadeiramente dera un bo servizo a veciñanza desta fermosa parroquia.

Que a estrada que comunica esta parroquia ca Pena da Sela para desprazarse o Carballiño e entrar e saír do concello, ademáis as numerosas curvas, sen beiravías e, en ocasións, estreitamentos en algúns tramos con firme en mal estado, dificultan a circulación e acentúan a perigosidade da vía para condutores, viandantes e animais. Que o arranxo e a mellora integral de esta estrada, e unha necesidade que non ten espera dado o seu estado, como xa dixemos, tramos onde a estrada esta totalmente desaparecida chea de coios, tramos de fochancas que ocupan todo o firma da estrada ou tramos onde a vexetación e as hedras, chegan literalmente o chan impedindo totalmente a visibilidade na vía, isto melloraría salientablemente a seguridade e as comunicacións do noso concello en xeral e especialmente da veciñanza desta parroquia especialmente fermosa e o mesmo tempo especialmente castigada pola despoboación e esquecida polo grupo de goberno do noso concello.

Por todo o manifestado, o Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal a seguinte MOCIÓN instando ó Concello a:

1º.- Que o Concello de O Irixo proceda de forma urxente a facer todas as xestións necesarias e cos seus propios medios e/ou a colaboración do resto das administracións (Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial), proceda o arranxo e mellora integral da estrada da Parroquia de Santa Baia de Reádigos nos tramos que van dende a Pena da Sela o cruce da Barcia pasando polos pobos de Santiso e Rivela así como o acceso e comunicación entre o resto dos pobos da Parroquia.

2º.- Que o Concello de O Irixo cos seus propios medios e/ou a colaboración do resto das administracións (Xunta de Galicia e/ou da Deputación Provincial) faga un estudo sobre amellora das principais vías de comunicación do concello que dan acceso ás distintas parroquias ou pobos de O Irixo… construíndo beiravías, eliminado curvas e estreitamentos importantes en pontes e lugares que dificultan a circulación e acentúan a perigrosidade da vía para condutores, viandantes e animais.