Castrelo de Miño acolle a sexta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica

Presentación do Campionato en Galicia de Motonáutica Inclusiva a celebrar en Castrelo de Miño o día 3 de xullo de 2021. Asisten Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense), Avelino Pazos Pérez (Alcalde de Castrelo de Miño), Cesar Fernández Gil (VicePresidente da Deputación Ourense), Manuel Përez González (Xefe Territorial de Deportes da Xunta de Galicia en Ourense), José Fernández Prado e Marcos Casaleiro Pousadela (Presidente e Secretario da Real Federación Galega de Motonáutica), Maribel Rodríguez Perdiz, e Bernardino González Vázquez (Asesor de Deportes da Deputación Ourense).

O encoro de Castrelo de Miño acollerá o domingo, día 3, a sexta proba do Campionato Galego Inclusivo de Motonáutica, organizado pola Real Federación galega desta disciplina, co patrocinio da asociación Fibralar e a colaboración da Deputación de Ourense, cuxo presidente, Manuel Baltar, participou no acto de presentación desta proba acompañado polo alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos; o xefe territorial de Deportes da Xunta, Manuel Pérez; o presidente e o secretario da federación galega, José Prado e Marcos Casaleiro, e o vicepresidente e delegado para asuntos do Ribeiro, César Fernández.

Dez equipos, integrados cada un deles por un piloto e un mariñeiro, participarán desde as 10.30 da mañá nesta competición de regularidade, tipo xincana, na que deberán pasar diversas probas de habilidade e destreza. O campionato, que consta de dez probas, ten como obxectivo achegar aos discapacitados á práctica dos deportes náuticos.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT CASTRELO DE MIÑO en BADAL TV

CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO