Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid na nosa contorna, a comarca do Carballiño suma 16 contaxiados ( +10 ). O Concello do Carballiño xa non é o único concello con casos activos. Hoxe presenta 12 casos activos, duplicando a cifra dende o pasado venres. Contan cun caso activo cada un Beariz, Piñor, O Irixo e Maside.
Os demais concellos, Cea, Boborás, Punxín, e San Amaro están libres de covid.
No Ribeiro, a situación hoxe presenta un aumento de casos significativo. Ribadavia presenta o máximo da comarca con 20 casos activos. Os contaxios comezaron a incrementarse a pasada semana, posiblemente ligados a unha festa de fin de curso nunha casa rural. Arnoia sobe ós 5 casos activos, e Avión conta con dous casos. Melón, Cenlle e Carballeda de Avia contan cun caso activo cada un deles.
Todos os concellos, tanto do Carballiño como do Ribeiro, están en nivel medio-baixo polo de agora.