As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia presentan a súa 37ª edición, que se celebrará entre o 26 e o 19 de xullo. Este ano, modificaron algúns dos aspectos, empezando pola organización, que correrá a cargo dun grupo de cinco rapaces que tomarán o relevo e renovarán estas xornadas.

Publicidade

A xefa territorial de cultura en Ourense acudiu a esta presentación, aplaudindo seguir fomentando a colaboración para manter eventos deste tipo. A programación para estes días contará con proxeccións de filmes pola mañá, tarde e noite, no auditorio municipal e ó aire libre. Haberá actividades para os máis pequenos, proxección das pezas do concurso de curtas e peche con concerto.