O Psdeg-Psoe de Ourense participa nun emotivo acto en lembranza de Manuel Suárez, alcalde socialista represalidado, ao cumprírense 84 anos do seu fusilamento

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas de Ourense hornaron a memoria do primeiro rexedor de Ourense nun acto celebrado ao pé da igrexa de Santa María Nai, ao que tamén asistiu Dolores Suárez, filla do alcalde mártir así como Gonzalo Caballero secretaro xeral do Psdeg-Psoe

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO
María Dolores Suárez, filla de Manuel Suárez, acompañada de Xosé Lois Carrión

Como nota distintiva, a homenaxe xirou arredor da especial vinculación de Ourense co ferrocarril, do que foi impulsor Suárez, e das achegas do Partido Socialista para lograr o seu desenvolvemento

Os socialistas de Ourense realizaron este serán un emotivo acto en lembranza de Manuel Suárez, alcalde socialista represaliado, ao que asistiu a súa filla, Dolores Suárez, ademais de integrantes das Xuventudes Socialistas e representantes sindicais de UGT. A tradicional homenaxe en memoria do primeiro rexedor de Ourense, organizada polo PSdeG-PSOE, celebrouse ao pé da igrexa de Santa María Nai e ao carón da Casa Consistorial, nunha xornada na que se cumpren 84 anos do asasinato de Suárez por parte das tropas franquistas.

Como nota distintiva, este ano a homenaxe xirou arredor da especial vinculación de Ourense co ferrocarril, do que foi destacado impulsor Suárez. Así, os socialistas puxeron en valor as achegas que o Partido Socialista leva feito de cara a lograr o seu pleno desenvolvemento na cidade ao tempo que reivindicaron a necesidade de “seguir loitando” para dar continuidade ao legado do alcalde e lograr que Ourense teña “un tren digno”.

O secretario xeral dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero

No acto, que contou coa proxección de vídeos das bisnetas do primeiro rexedor da cidade, interviñeron o secretario provincial do PSdeG-PSOE de Ourense e voceiro municipal, Rafa Villarino, a concelleira Natalia González, o secretario xeral das Xuventudes Socialistas en Ourense, Xurxo Doval, e o secretario de Organización de UGT, José Luís Fernández Celis. Ademais, no deseño do protocolo do acto participaron Xosé Lois Carrión, o xornalista e neto de Leuter González –tenente alcalde de Ourense na República–, e Maite Ansias, militante socialista. Todos eles coincidiron en salientar a figura de Suárez como líder imprescindible do socialismo e do sindicalismo ourensán.

Logo de gardar un minuto de silencio, os participantes na homenaxe remataron o acto facendo entrega dun ramo de rosas á filla de Manuel Suárez.

O secretario xeral das Xuventudes Socialistas en Ourense, Xurxo Doval

Manuel Suárez: o alcalde mártir

Manuel Suárez naceu en Ourense en outubro de 1890. Foi canteiro e mestre de obras, e exerceu un destacado activismo social que o puxo á fronte da alcaldía da capital das Burgas no 1936. A súa traxectoria política estivo ligada á defensa dos dereitos dos traballadores, loita contra o caciquismo e ao progreso económico, social e democrático da cidade, impulsando a chegada do ferrocarril a Ourense.

Fusilado no ano 1937, despois de permanecer oculto durante un tempo, foi nomeado fillo predilecto e preceptor da Medalla de Ouro da cidade no ano 2009 polo anterior goberno socialista, ao cumprírense 72 anos do seu fusilamento polas tropas franquistas.