Ourense suma ingresos hospitalarios con seis persoas na UCI

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A comunidade galega rexistra hoxe 818 contaxios, un ritmo de novos positivos que  se incrementa con respecto ós últimos días. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 15.156, unha cifra que descende en preto de 400 casos con respecto a onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un ascenso nos hospitais galegos. Do total de pacientes positivos en Galicia, 55 (+4) están en UCI e 269 (+3) en unidades de hospitalización.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 49 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais soben ata os 1.129 casos activos, 9 casos máis. Os hospitais hoxe presentan 35 (+1) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 6 (+2) na UCI.