Maside celebra o San Vitorio con actividades para todos os públicos

A pesar de que un ano máis o San Vitorio non pode contar con verbenas, o concello programou unha serie de actividades para todos os públicos para manter viva a súa celebración. Hoxe, ás 22:00 horas, ca proxección ó aire libre do filme “Scooby”, na praza maior; e mañá mércores, “Los pitufos: la aldea escondida”. E o xoves, “Padre no hay más que uno 2”, as tres á mesma hora.

O venres, festivo local en Maside, celébrase o seu día grande dende as 10:00 horas, con bombas de palenque e pasarrúas coa banda A Lira de Ribadavia, que volverá a tocar logo da misa e procesión, que será ás 12:00 horas. Pola tarde, dende as 18:00h: Feira-Mostra de Artesanía infantil na Alameda e ás 20:00 h: Tarde de Folc e Troula co grupo “Tanto nos Ten” e a charanga CLK, na rúa Principal e no exterior dos bares. Para rematar, ás 24:00 h: Sesión de fogo.

AVANTAR ACTIVIDADES


VIDEO SPOT MASIDE en BADAL TV