A Insua dos Poetas acollerá o Ourenrock XS este venres, sábado e domingo

Publicidade ASPADISI

Esta mañá, na Insua dos Poetas, tivo lugar a presentación da segunda edición do festival “Ourenrock Sound – XS”; un certame a musical, que conta cun cartel extraordinario de artistas de primeiro nivel como Iván Ferreiro, M-Clan, Dakidarría, Tandub, Indomable e Lau.

Tanto Manuel Baltar, presidente da Deputación, que apoia esta iniciativa, coma Luis Tosar, presidente da Insual dos Poetas e Francisco Fumega, alcalde do Carballiño, salientaron o potencial desta ubicación como entorno de renferencia no eido cultural en toda Galicia.

O delegado territorial sinalou que “tralos tempos de hoxe en día, que agardo pasen logo para volver a tan desexada normalidade, a Xunta de Galicia puxo en andamento para este Xacobeo 21 – 22 unha axenda cultural e de lecer ampla, variada e participativa, que como o caso que nos ocupa, tivese en conta a singularidade da paisaxe, o respecto polo medio ambiente e supuxese unha aposta de sustentabilidade”.

Publicidade Premer na Imaxe

Para Gabriel Alén “esta cita é un exemplo do moito que Galicia ten que ofrecer como destino turístico”. Polo seu potencial – engadiu o delegado territorial- “para ofrecer un destino seguro, de calidade e sostible neste Ano Santo. Con espazos abertos  en contacto coa natureza coma este que tan demandados están a ser polos visitantes e, combinando neste caso, cunha proposta cultural”.