O delegado da Xunta en Ourense supervisa as obras de mellora no exterior do edificio administrativo da Xunta en Prado Lonia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou esta mañá as obras de mellora no exterior do edificio administrativo da Xunta en Prado Lonia, sede da delegación territorial da Consellería do Medio Rural e do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA). As actuacións, cun investimento de máis de 90.300 euros, consistiron na creación dun novo itinerario peonil dende a Rúa Villaamil e Castro ata a entrada do edificio, facilitando no seu perímetro un aparcadoiro mais cómodo e accesible.

O delegado territorial explicou que se aproveitou a actuación para reorganizar e redistribuír as prazas dos vehículos que van dar acomodo a 2 motobombas, 16 pick-ups e 4×4, 5 turismos do CECOP, 1 vehículo tipo furgoneta do CECOP, 1 praza para persoas con mobilidade reducida, debidamente sinalizada, 4 prazas para turismos e  máis prazas de estacionamento de motos e bicicletas.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén destacou a colocación dun hidrante cerca das prazas de estacionamento das motobombas e pick-ups; a instalación das canalizacións necesarias para a futura creación de prazas de aparcamento reservadas a vehículos eléctricos; así como a instalación de canalizacións necesarias para ampliar no futuro a iluminación do aparcamento.

Así mesmo, renováronse todos os pavimentos das beirarrúas en formigón e a rodadura da calzada do aparcamento con mestura bituminosa en quente, e instalouse unha nova sinalización do aparcadoiro conforme aos requirimentos da Consellería do Medio Rural.

O delegado territorial engadiu que tamén se desenvolveu a instalación completamente nova de acometida das dúas liñas de entrada de auga do edificio, a de auga de abastecemento e a auga dos hidrantes, que se compatibilizou coa primeira actuación para que quedase todo preparado antes de rematar a pavimentación das beirarrúas e aparcamento.