O Psdeg-Psoe solicita que o concello constitúa un grupo de traballo para activar “de inmediato” un “gran proxecto de arte urbana que tranforme Ourense en cidade de cor”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Instan ao Concello a facer pública unha relación de lugares dispoñibles para a súa intervención a través da arte urbana e solicitan que os vindeiros orzamentos inclúan unha partida para este proxecto

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Demandarán información urxente a Jácome sobre o estado das súas xestións en canto á liberación do muro do río Miño que o rexedor se comprometeu a converter nun novo espazo de arte urbana

O PSdeG-PSOE no Concello de Ourense vén de solicitar a constitución urxente por parte do goberno local dun grupo de traballo para activar “de inmediato” un “gran proxecto global de arte urbana que transforme Ourense nunha cidade de cor e permita recuperar espazos degradados e eliminar o feísmo urbano”.

A proposta prodúcese ante a “completa ausencia de iniciativa por parte do bigoberno” trala aprobación dunha moción socialista no pleno municipal de xullo na que se instaba ao executivo municipal a pór en marcha un proxecto “de gran calado” que apostase polo talento e a creatividade local para embelecer a cidade das Burgas.

Dende o grupo socialista defenden que o equipo de traballo para a posta en marcha definitiva desta iniciativa “debería contar, como mínimo, coa implicación do alcalde, dos concelleiros e concelleiras de Xuventude, Urbanismo, Deportes e Medio Ambiente, dos representantes dos distintos grupos políticos que integran a corporación, dos técnicos municipais e dunha representación dos artistas urbanos e grafiteiros da cidade” ao tempo que solicitan que comece a funcionar xa neste mes de setembro.  

“Antes do peche deste exercicio 2021, deberiamos ter sobre a mesa un inventario de lugares dispoñibles para a súa intervención e a canle de comunicación oficial para a presentación de proxectos dos artistas urbanos de Ourense, así como o orzamento co que o goberno de PP e DO se compromete a levar adiante esta importante iniciativa”, solicitan os socialistas, que xa cursaron esta petición a través da xunta de área correspondente e tamén por medio do rexistro electrónico do Concello.

Ademais, demandan “un plan ambicioso a longo prazo, no horizonte 2022-2027” para o que reclaman que “exista un compromiso orzamentario capaz de pór Ourense no mapa, convertendo a cidade nas Burgas nun reclamo turístico e emblema da arte urbana pola magnífica calidade dos seus artistas locais”.

Grafiti a carón do río Miño

Finalmente, o grupo socialista pon de manifesto que demandará información urxente a Jácome sobre o estado das súas xestións en canto á liberación do muro do río Miño, situado na contorna da praia da Antena, que o rexedor se comprometeu a converter nun novo espazo de arte urbana.

“Nós xa avanzamos o noso apoio a esta iniciativa posto que consideramos que podería ser punta de lanza para a revolución da arte urbana en Ourense coa creación dun museo gratuíto ao aire libre no paseo fluvial máis longo de Europa”, lembran dende o PSdeG-PSOE ourensán.