A partir de hoxe, os bares que ofrecen ceas poderán facelo ata as 01:00 horas

O comité clínico da Xunta decidiu este mércores ampliar o horario dos establecementos de hostalería que dan ceas ata a 1 da mañá, independentemente de que teñan ou non licenza de restaurante.

Publicidade

Será necesario que dispoñan de medidores de CO2 e mantense o mesmo número de comensais, mesma medida que para os restaurantes.

Esta medida entrou en vigor hoxe, polo que os bares poderán ampliar o seu horario hoxe. Non obstante, cómpre ter en conta que non haberá variación no número máximo de comensais por mesa: seis ao aire libre e catro no interior.