O BNG contrario ao peche da OMIC anunciado polo Concello de Ourense

Os nacionalistas reclámanlle á concelleira responsable, Eugenia Díaz Abella, que explique os motivo de dito peche cando ela mesma antes de abandonar o goberno gabábase e presumía do bo facer e do bo traballo da oficina

O BNG non comparte a decisión que o actual Goberno Local ven de anunciar e relativa ao peche da OMIC (oficina Municipal de información ao Consumidor) ao tempo que amosa a súa sorpresa ante tal decisión xa que a concelleira responsable da mesma, Eugenia Díaz Abella, gabábase e presumía dos bos datos e do traballo desenvolto por dita oficina.

AVANTAR ACTIVIDADES

No BNG queren que a concelleira explique porqué agora pechan unha oficina que aínda que ven é certo, durante o confinamento, veu reducido lóxicamente o número de consultas, acumulaba un incremento constante de reclamacións e consultas por parte da veciñanza.

Segundo Rhut Reza “é insoportable a teima do actual goberno por desmantelar servizos que funcionan e que ofrecen servizos moi necesarios á cidadanía, máxime en tempos nos que están a alza as estafas de sectores como o enerxético, o telefónico ou o bancario”.

“O concello é a primeira administración á cal se dirixe a veciñanza ante calquera problema e Jacome e o PP estanos privando de cada vez máis servizos”.

Rhut Reza ten claro que o PP “é cómplice deste desmantelamento por puro interés partidario e non de cidade como sempre andan a dicir, pois permiten pechar servizos que ate non fai moito defendían fervorosamente”.