O Carballiño mantén 17 casos activos e O Ribeiro tres contaxios

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 24 (=) contaxiados, a mesma situación ca onte. A capitalidade da comarca rexistra 17 casos activos, invariable nas últimas 24 horas. Piñor e Punxín contan con dous casos activos cada un deles. Boborás mantén un contaxio, igual ca Maside e San Cristovo de Cea. Beariz, O Irixo e San Amaro están libres de covid.

No Ribeiro,  a comarca rexistra 3 casos activos, todos do concello de Ribadavia, a súa capital, a mesma situación ca onte. Todos os demais concellos están libres de covid.

AVANTAR ACTIVIDADES