O Psoe denuncia que a Xunta leva case cen días incumprindo a súa obriga legal de esixirlle medidas ás eléctricas

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

. O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, denunciou hoxe no Pleno da Cámara autonómica que a Xunta leva 95 días sen cumprir as medidas preventivas establecidas no regulamento de pesca fluvial de Galicia e que obrigan ao goberno galego a dicirlle ás empresas hidroeléctricas que medidas teñen que tomar para impedir danos no medio natural polo baleirado dos encoros.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No debate do Pleno do Parlamento, Arangüena instou á Xunta de Galicia a actuar dunha vez porque existen ata tres leis (a de pesca continental, a de patrimonio natural e a de protección ambiental) que determinan que o goberno galego debe “actuar de oficio se hai indicios de dano ambiental”.

Malia todo, o vicevoceiro socialista lamentou que o único que fixo a Xunta ata o de agora “foi culpar ao goberno central” ou “tardar 70 días en iniciar catro expedientes sancionadores polo ridículo importe de 25.000 euros a cada encoro”. E iso a pesar de que Feijoo chegou a dicir en rolda de prensa que se trataba de feitos “de enorme trascendencia ecolóxica que Galicia non se merece” e que “non vira unha cousa así nos 12 anos que levo de presidente”. Ao fío destas declaracións, Pablo Arangüena indicou que “se o señor Feijóo non actúa, prevarica” posto que, reiterou, “a lei obrígalle a tomar medidas”.

Neste contexto, Pablo Arangüena preguntou “se a coñecida amizade de Feijoo co presidente de Iberdrola está impedindo que o goberno galego adopte as medidas ás que lle obriga a lexislación vixente”. “Está o señor Feijóo prevaricando porque é amigo do señor Galán?” inquiriu antes de denunciar que, en calquera caso, a Xunta “está estafando á cidadanía”.

FEIJOO MENTÍU Á CIDADANÍA

Por outra banda, Pablo Arangüena tamén incidiu en que o presidente da Xunta “mentiu á cidadanía ao asegurar que non fora informado polas compañías do baleirado dos encoros”. Así, lembrou que, xusto un día despois de que Feijoo dixese que a Xunta non fóra informada, un medio de comunicación publicou dous correos de Iberdrola –datados os días 10 de xuño e 12 de xullo- que evidenciaban que o goberno galego si coñecía esa decisión.

Polo tanto, remarcou, “a Xunta tiña toda a información”. En primeiro lugar, porque Iberdrola remitiu comunicación; en segundo lugar, porque a Confederación Hidrográfica lle comunicou o baleirado ao 112, “que depende do señor Rueda”; en terceiro lugar, porque a Confederación Hidrográfica comunica cada semana o nivel dos seus embalses a Augas de Galicia; e en cuarto lugar, porque “teñen vostedes centos de axentes medioambientais entre cuxas competencias está a vixilancia dos cursos fluviais incluíndo os encoros”.

Sobre este asunto, ironizou co feito de que “parece ser que o primeiro axente que pisou un embalse fíxoo o 20 de agosto, que é a data que reflicten os expedientes sancionadores: 70 días despois da primeira comunicación de Iberdrola e da Confederación Hidrográfica”.

Neste escenario, Pablo Arangüena indicou que no tema dos encoros a análise das declaracións realizadas por Feijoo e pola conselleira de Medio Ambiente e a de Infraestruturas “demostra un nivel de falsidade, irresponsabilidade e escapismo impropio dun goberno democrático que opera nun estado de dereito”. O deputado socialista reiterou ademais que esta actitude “roza a prevaricación se non incorre directamente nela”.

Por último, tamén lamentou que a Xunta rebaixase este ano as sancións as eléctricas por baleirado de embalses dun máximo de 300.000 euros a un máximo de 25.000, “unha rebaixa do 92 por cento ao seu amigo, o presidente de Iberdrola”, sinalou.