Reactiva Mulleres continuará a formación para o emprego nas comarcas de Celanova, Allariz e Maceda

IES CHAMOSO LAMAS

Este programa formativo celebrará as próximas sesións en setembro e outubro

 A semana do 20 ao 24 de setembro terá lugar a seguinte sesión en liña, e o programa finalizará cunha última semana de formación no mes de outubro
 Nas convocatorias previas ao verán participaron máis de medio centenar de mulleres entre 20 e 60 anos
 As integrantes reciben formación teórico-práctica para facilitar a súa reincorporación ao mercado laboral
 Tras a formación en grupo poden acceder a un seguimento individualizado para enfocar e reforzar a súa aprendizaxe e posibilidades

HIPER MASIDE

Mujeres desempregadas dos 16 concellos integrados en Celanova, Allariz e Maceda, serán as próximas beneficiarias do programa formativo Reactiva Mulleres Ourense. A próxima semana (20-24 de setembro) desenvolverase a penúltima sesión deste proxecto enfocado en paliar o desemprego feminino na provincia, e que comezaba o pasado mes de xuño organizado pola CEO co apoio da Deputación ourensá. Ata o momento, máis de medio centenar recibiron @gratuitamente a formación e as ferramentas necesarias para a súa volta ao mercado laboral. A maior parte das participantes están na pinza dos 30 e 50 anos, aínda que tamén se rexistraron participantes de 20 e 60 anos.

Tras celebrar sesións nas comarcas de Ourense, O Ribeiro, O Carballiño, Valdeorras, Terras de Trives e Terras de Caldelas tócalle a quenda para partir do luns 20 de setembro a Celanova, Allariz e Maceda e, finalmente, a semana do 18 de outubro á comarca da Limia e #Baixa Limia.

O número de participantes en cada ciclo formativo será de entre 15 a 20 persoas, e a duración será de 15 horas, a través de sesións on- line de luns a venres. Os contidos dos módulos formativos incluirán habilidades persoais, sociais e de empregabilidade co fin de reducir o desemprego de mulleres da provincia, xerar redes de contacto a través da formación; animar o espírito emprendedor fomentando novas actividades económicas pola vía do emprendemento e o autoemprego, e desenvolver un impacto positivo e duradeiro sobre o futuro profesional das participantes.

As destinatarias desta acción son mulleres desempregadas e, prioritariamente, que sufrisen a perda do seu emprego ou peche da súa empresa como consecuencia da crise derivada do COVID- 19. Ademais diso, terase en conta que teñan fillos a cargo ou outras responsabilidades familiares (cónxuxe ou persoas maiores que convivan e dependan economicamente da participante); e deberán residir en calquera dos municipios da provincia de Ourense.

Contidos e desenvolvemento de Reactiva Mulleres

As participantes teñen acceso a asesoramento, actividades e formación que lles proporcionarán as habilidades, coñecementos e ferramentas necesarias, tanto laborais como persoais, para afrontar con motivación a súa procura de emprego e co mellor dos resultados posibles a súa reincorporación ao mercado laboral.

Entre os contidos que traballarán atópase o adestramento para o desenvolvemento profesional e persoal, ferramentas para mellorar a empregabilidade e de procura de emprego, o deseño dun bo curriculum, os seus elementos diferenciadores e as novas tendencias, elaboración de cartas de presentación ou todo o necesario para preparar unha entrevista de traballo con garantías de éxito.

Ademais dunha semana eminentemente formativa na que aprenden habilidades de procura de emprego e ferramentas para sacar partido ás súas fortalezas, as mulleres que participaron neste programa destacaron que ao termo da formación gañaron confianza e seguridade para afrontar a volta ao mercado laboral.

Cifras e valoracións

En sesións previas ao verán, a valoración global das participantes foi moi positiva. A maioría resaltou a capacidade que van adquirindo para descubrir puntos fortes e débiles á hora de enfocar o perfil profesional e trasladalo á procura de emprego, e a aprendizaxe para mostralo ás empresas a través dun bo curriculum, carta de presentación ou na entrevista de selección.

Ademais, as alumnas xeran sinerxias entre elas, o que lles serve para articular unha rede de conexión e información que lles resultará moi útil para seguir en contacto unha vez termine a formación en liña, un formato que resulta igual de próximo que o presencial pois hai cabida tamén para o seguimento e asesoramento individual por parte da titora. Este acompañamento vai máis aló da formación en liña dunha semana de duración, e grazas a el poden seguir perfilando e definindo os seus obxectivos e posibilidades no terreo laboral.

As mulleres interesadas en participar nesta formación poden formalizar a súa inscrición na seguinte ligazón https:// forms. gle/ woGyJpyr8 L1 jcrZ38 ou solicitar máis información en reactivamulleres@ceo.es ou 988 391 110.