A Xunta de Goberno Local aprobou o Prego público de venda destes inmobles para trasladarllo a todos os grupos municipais buscando o maior acordo posible para o Pleno.
Despois de regularizar a situación destes inmobles, o Concello ven de redactar un Prego Público para poñer á venda os inmobles en ruínas do Casco Histórico que son propiedade do Concello.
FOTOS DAS VIVENDAS:





A intención do goberno, despois desta aprobación inicial da Xunta de Goberno, é levalo ao Pleno de setembro para a súa aprobación definitiva e entrada en vigor. O goberno pretende presentarllo aos grupos municipais para que estes teñan a oportunidade de valorar as bases públicas antes da súa aprobación en Pleno.
O Prego Público é a norma que rexirá o procedemento público de venda destes inmobles que se fará a través de subasta pública. Para elo as bases recollerán un baremo que premie: a oferta económica, a redución de presentación do proxecto técnico e o prazo de obra, así como que os inmobles se destinen a primeira vivenda. Ademais, tamén se terán en conta estar censado no municipio de Ribadavia.
Con este Prego Público establécense uns criterios obxectivos, garantindo a publicidade, concorrencia e transparencia de dito proceso.
– Os criterios de adxudicación son os seguintes:
I. MELLOR OFERTA ECONÓMICA:
Este criterio ten natureza obxectiva , e se valora de 0 a 51 puntos. Asignarase a puntuación máxima prevista neste apartado a oferta que ofreza o maior prezo expresado cun máximo de dous decimais , con arranxo á seguinte fórmula:
Puntuación oferta= prezo ofertax51
Prezo maior oferta
II. REDUCIÓN DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DO PROXECTO TÉCNICO:
1 punto por cada mes de redución do prazo , ata un máximo de 6 puntos.
III. REDUCIÓN DO PRAZO DE REMATE DAS OBRAS:
1 punto por cada mes de redución do prazo, ata un máximo de 10 puntos.
IV. DESTINO E OCUPACIÓN.
O compromiso de destinar a vivenda domicilio habitual dos adquirentes , puntuarase con 15 quince puntos.
No caso de ser primeira vivenda, puntuarase con 20 vinte puntos.
PLIEGO VENDA INMOBLES CONCELLO CASCO HISTORICO 10 SETEMBRO 2021 PREMER NA IMAXE
