O Carballiño baixa ós 12 casos e Melón despunta con sete casos activos

Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 18 contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 12 casos activos, un menos ca onte. Maside conta con dous casos activos, igual ca Punxín. Boborás e Piñor manteñen un caso activo cada un. Beariz, O Irixo, San Amaro e San Cristovo de Cea están libres de coronavirus.

Publicidade

No Ribeiro,  a comarca rexistra 10 casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, que os incrementou esta fin de semana ata os 5 casos e volveu a descender hoxe. E outros 7 de Melón, que rexistraba tres o pasado venres, subía a cinco casos e logo a sete esta pasada fin de semana. Todos os demais concellos están libres de covid.