Ourense baixa dos 200 casos activos, con oito persoas hospitalizadas

A comunidade galega rexistra hoxe 33 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 1.207, máis de 300 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta estabilidade. Do total de pacientes positivos en Galicia, 17 (=)  están en UCI e 41 (+1) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 8 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 197 casos activos. Os hospitais hoxe presentan 4  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 4  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES