O BNG de Barbadás pedirá no pleno avanzar na eficiencia enerxética coa instalación de paneis solares en edificios municipais

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A suba constante do recibo da luz fai que as administracións públicas non podan permanecer alleas a esta realidade polo que cómpre artellar mecanismos que permitan abaratar o gasto enerxético e que polo tanto, as subas reiteradas nas facturas non supoñan unha merma excesiva de recursos públicos.

O Grupo Municipal de Barbadás defenderá no pleno do concello deste luns unha moción na que solicitarán do Goberno Local avanzar na eficiencia enerxética coa finalidade de poder facer fronte á suba constante do prezo da electricidade e poder abaratar os custes que esta ten para as arcas municipais.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na exposición de motivos, os Concelleiros Sarín Núñez e Carlos González poñen en valor o principal obxectivo da eficiencia enerxética, baseado en optimizar a enerxía mellorando os hábitos de consumo e o emprego da mesma para producir máis servizos e bens con menos custo.

Coa moción, o BNG pretende chamar a atención sobre a enerxía solar a través dos paneis solares fotovoltaicos. Falan de instalacións pensadas para o autoconsumo, co obxecto de cubrir se non a totalidade, si unha boa parte do consumo eléctrico da edificación na que se instalen.

Desde hai algún tempo e a través tanto de plans estatais, da Xunta de Galiza e mesmo da Unión Europea, as administracións públicas e nomeadamente as locais, teñen a súa disposición unha serie de axudas encamiñadas á mellora enerxética dos municipios e a renovación de equipos que permitan unha maior eficiencia.

Actualmente estas achegas céntranse fundamentalmente na sustitución de luminarias tradicionais por unha novas de tecnoloxía LED, mais entenden preciso no BNG, ir un paso máis alá e avanzar na autosuficiencia enerxética do concello aproveitando aquelas instalacións e edificacións municipais que acumulan un maior consumo de enerxía, dotándoas de paneis solares fotovoltaicos que permitan, reducir a factura da luz.

Os nacionalistas propoñen como posíbeis ubicacións, a Casa da Cultura, o Polideportivo Municipal, o campo de fútbol dos Carrís, a sede da Agrupación de Protección Civil e mesmo a Casa do Concello. Edificios todos eles con capacidade suficiente como para albergar nas súas cubertas placas solares. Edificios cunha importante actividade e polo tanto, cun importante consumo.