O autobús de doazón de sangue estará mañá no concello de Arnoia

A unidade móbil de doazón de sangue estará durante a xornada de mañá na nosa contorna. Neste caso, achegarase ata o concello de Arnoia, ubicada diante do Bar Industrial. O horario de atención será dende as 10:00horas ata as 15:00 horas. Recordamos que todos aqueles que queiran achegarse para doar sangue poderán facelo con ou sen cita previa.