As catro fundacións de Nós reúnense 101 anos despois da publicación do primeiro número da revista

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O sábado 23 de outubro de 2021, ás 14h, terá lugar no Liceo de Ourense un
xantar de Irmandade das directivas das Fundacións da Xeración Nós –
Fundación Vicente Risco, Fundación Otero Pedrayo, Fundación Castelao e
Fundación Antón Losada Diéguez-, tomando como referencia a data do 30 de
outubro, en que se conmemora o 101 aniversario da publicación do primeiro
número da revista NÓS.
Con este encontro as fundacións que manteñen vivo o legado destes catro
xigantes da nosa cultura, e que o pasado ano foron recoñecidas coa medalla
do Parlamento de Galicia, pretenden dar continuidade aos valores, esforzos e
traballo que xunguiron a todas as persoas que conformaron a Xeración Nós.
A vontade das catro fundacións é que este encontro teña carácter anual e que
sexa un punto de encontro permanente, onde compartir fraternalmente e
intercambiar ideas, análises e proxectos que podan ser abordados de forma
conxunta polo ben da nosa cultura.
O lugar do encontro é Ourense por ser esta a cidade onde viu a luz este
primeiro número da revista que dá nome a toda a xeración.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO