O Carballiño sobe cinco casos ata os 25 contaxiados. Os demais concellos manteñen a estabilidade

A comarca do Carballiño mantén hoxe 36 (+6) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, sobe cinco contaxios, ata os 25 casos activos. Maside mantén os seis contaxios. San Cristovo de Cea mantén dous casos e Boborás conta cun so contaxio, igual ca San Amaro. O Irixo suma un caso novo e deixa de estar libre de covid.

Publicidade

No Ribeiro, Ribadavia sobe ata os 8 casos activos, Arnoia presenta 6 casos e Carballeda de Avia presenta catro casos activos. Avión, Beade, Castrelo de Miño e Melón contan cun caso activo cada un.

A comunidade galega rexistra hoxe 373 contaxios, un ritmo de novos positivos que se incrementa de xeito notable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 3.168, máis de 300 casos novos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais increméntase. Do total de pacientes positivos en Galicia, 12 (=) están en UCI e 86 (+15) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra 102 contaxios novos, e restando as altas, os casos totais chegan ata os 836 casos activos, 85 máis nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 19 (+5) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 2 (+2)  na UCI.